Skip to content

Envíos de balde en España Peninsular compras superiores a 50€.

Monedeiro Virtual

Dende o RC Celta queremos agradecer o apoio de todos os abonados que escolleron a opción do moedeiro virtual, o seu vínculo con nós é unha mostra máis de paixón polas nosas cores.

Todo aquel que dispoña de moedeiro poderá utilizar o código que lle foi enviado por correo electrónico para canxear os diferentes artigos da tenda online.

Deberá encherse o carriño cos produtos desexados e posteriormente escoller a opción “TEÑO MOEDEIRO”, onde se deben introducir os díxitos reflexados no código de barras.

Se tes algunha dúbida, lembra que podes contactarnos a través de Escoitamos, en escoitamos.rccelta.es, onde garantimos resposta en 3 días laboráis.

FAQS

Qué pasa se quero consumir só unha parte do meu moedeiro?

Non hai problema ningún, poderás volver usar o teu código na seguinte compra.

Qué pasa se o meu moedeiro non cubre o custo completo da compra?

Terás que pagar a diferenza entre o saldo do teu moedeiro e o importe total da compra.

Segue a cobrarme os gastos de envío, por qué?

O moedeiro virtual non pode asumir os gastos derivados do transporte, contraídos con empresas alleas ao RC Celta. Se o pedido é superior a 50€ pero o importe final da compra, tras descontar o moedeiro virtual, é inferior a esta cifra, cobraranse os gastos de envío.

Ao pulsar "Finalizar Pago", desaparece o consumo do meu moedeiro. Por qué?

Posiblemente a túa sesión caducara, tes que volver inserir o código do moedeiro, e xa debería funcionar.

O botón de "Aceptar" ao intentar introducir o meu código de moedeiro non está funcionando, qué fago?

Podes volver pinchar na cesta, na parte superior da túa pantalla, para refrescar a páxina e volver pinchar en “TEÑO MOEDEIRO”.

Non está funcionando o meu código, qué debo facer?

Si non che está a funcionar o código introducido, contáctanos por Escoitamos e estudiaremos o teu caso.