Guía de compra
Seleccionar os produtos
Faga clic no produto que desexa comprar. Seleccione a talla e a cantidade do produto.
Engadir á cesta
Unha vez seleccionado o produto, pulse en engadir á cesta. Atopará a súa cesta da compra na parte superior dereita da páxina. Poderá consultar os produtos que engadise, modificar a cantidade seleccionada, eliminar produtos, engadir códigos de desconto ou tramitar o pedido.
Rexistrarse/loguearse
É necesario iniciar sesión na tenda para poder realizar o seu pedido. Se xa ten unha conta, poderá iniciar sesión co seu correo electrónico ou ben mediante Google ou Facebook. Se non ten unha conta, poderá rexistrarse cubrindo un sinxelo cuestionario cos seus datos.
Que ocorre se esquecín o contrasinal?
Se se esqueceu o seu contrasinal poderá solicitar un novo. Simplemente pulse en “esqueciches o contrasinal?”. Redirixirase a unha sección na que debe inserir o correo electrónico que usase para crear a súa conta, e seguir os pasos que se lle indiquen para obter un novo contrasinal
Engadir dirección de envío:
Para empezar a tramitar o pedido deberá encher o apartado de información, cubrindo dirección, código postal, país e número de contacto. Poderá modificar a súa información en calquera momento.
-
- Entrega en tenda: Poderá recoller o seu pedido na tenda oficial do club en Abanca Balaídos. Seleccione entrega en tenda e escolla a tenda de Oficial RC Celta no estadio Abanca Balaídos. O envío a tenda é de balde.
- Envío a domicilio: Poderá recibir a súa compra directamente no seu domicilio mediante Correos.
Pago: con tarxeta bancaria, recoméndase marcar a opción “gardar tarxeta para futuras compras”, para non ter que volver cubrir estes datos
Factura: pódese pedir factura enchendo os datos de facturación durante o proceso de compra. Os datos de facturación serán automaticamente os mesmo que engadise no apartado de información. Se desexa cambiar estes datos desmarque a casa “A miña dirección de facturación e de envío son as mesmas” e poderá engadir datos novos para a facturación.
Gastos de envío: detallados no apartado de Envíos
Devolucións: detallado no apartado de devolucións