Skip to content

Envíos de balde en España Peninsular compras superiores a 50€.

Ref. 11491

Reloxo Centenario RC Celta Colomer & Sons

Máximo 20 caracteres. 20

€295,00

Reloxo Centenario RC Celta Colomer & Sons

€295,00

100 ANOS DE AFOUTEZA E CORAZÓN

INCLUE GRABADO GRATIS CO TEU NOME 

O celtismo vistese de gala con este reloxo conmemorativo do centenario do RC Celta, que celebra 100 anos cargados de alegrías, penas, lendas, retos, vitorias, unión, éxito, esperanza...

 

En rigurosa edición limitada a 999 pezas, este reloxo fantástico inclue o grabado co nome do seu futuro propietario no lateral da caixa. 

O RELOXO DO CENTENARIO

Celebramos os 100 anos que cumpliu o RC Velta co lanzamento deste impresionante reloxo deportivo que sabemos que fara as delicias dos seus afeccionados. Diseñado coas cores do Centenario, combina un estilo elegante con características deportivas que o fan único. En rigurosa Edición Limitada a 999 pezas, caixa de aceiro inoxidable, bisel xiratorio e tapa traseira grabada cos detalles conmemorativos do Centenario, este reloxo será un símbolo duradeiro da historia e o espírito do Club. 

 

GRABADO CON TEU NOME EN EDICIÓN LIMITADA

No momento no que nos puxemos a dieñar o reloxo do Centenario tivemos moi claro que debiamos ofrecer ao celtismo unha peza exclusiva. Para elo, o reloxo que adquiras irá grabado co teu nome, porque ao fin e ao cabo, o RC Celta ha chegado ata os seus 100 anos de historia grazas aos afeccionados coma ti e a tua paixón polo Club. E como estamos falando de exclusividade, lanzamos o novo reloxo nunha rigurosa Edición Limitada a só 999 unidades. Se non queres quedarte sen un pedazo da historia do Club, faite cun deles e disfruta levandoo o que máis queres na tua man. 

 

A CAIXA 

A caixa de 40 mm de aceiro inoxidable deste reloxodeportivo brida unha combinación perfecta de resistencia e estilo. O seu diseño robusto protexe o movemento interno mentres se adapta comodamente a man. Con acabado matizado e detalles deportivos, esta caixa e o complemento ideal para un reloxo versátil e duradeiro. 

 

O DIAL E O SEU CORAZÓN 

O novo reloxo do Centenario incorpora un movemento de cuarzo Miyota 2115 altamente valorado na industria relojera pola súa precisión e durabilidade. Con funcións de hora, minutos, segundos e calendario do día do mes con lupa incorporada, este movemento xaponés destaca pola sua confiabilidade e mantemento sinxelo. O seu excelente rendemento e calidade convérteno nunha elección moi acertada para reloxos de alta calidade.

 

VISIÓN NOCTURNA

Este impresionante reloxo do Centenario conta cunha visión nocturna excepcional, permitíndoche ler a hora na escuridade. Grazas á súa tecnoloxía luminosa de última xeración, os números, o bisel e as agullas ilumínanse intensamente, garantindo unha lexibilidade clara e nítida en calquera situación de pouca luz ou na noite.

 

PURA PERSONALIDADE

O seu deseño robusto e sofisticado combina perfectamente con calquera estilo, brindando unha aparencia dinámica e versátil. É o accesorio perfecto para destacar a túa personalidade activa e con estilo, sen importar a ocasión.

 

O ESTOXO

O estoxo deste reloxo deportivo está inspirado no que máis nos gusta a todo bo afeccionado ao fútbol: o balón. Feito cos mellores materiais e co logotipo do Centenario do Club na súa tapa, a súa suave textura interior permitirache gardar este reloxo único e conservalo en perfecto estado durante décadas.