Minikit 1ª Equipación 24/25
Unha camiseta para un país
Unha homenaxe do RC Celta e hummel a toda Galicia. Unha camiseta chea de simbolismo para toda Galicia na súa primeira equipación para a 24/25.
A prenda coa que disputaremos a tempada número 101 da nosa historia rende unha sentido homenaxe ás raíces do club e ao desexo dos seus fundadores en 1923: representar con orgullo á nosa terra.
O debut de hummel da mán do RC Celta amosa no seu texido celeste a relación dos 313 concellos da comunidade galega na icónica tipografía que Xosé Vizoso diseñou para o centenario. É por isto que a celeste da 24/25 non pode ser máis de aquí.
O pantalón branco a xogo fai que sexa un conxunto perfecto para os máis pequenos, que lucirán con orgullo as súas cores.
#NonPodeSerMáisDeAquí