Skip to content

Envíos de balde en España Peninsular compras superiores a 50€.

Ref. 11477

Historia Visual do RC Celta

€19,95

Historia Visual do RC Celta

€19,95

O Celta fai cen anos. Cen anos de goles, de bágoas, de sorrisos, de unión. Con este libro descubrirás os momentos e as persoas que fixeron posible esta fazaña.

Libro ilustrado que percorre a historia do club desde os inicios da práctica do fútbol en Galicia até a tempada actual. Moita información sobre ídolos celestes, competicións... Acontecementos clave contados coma nunca chos contaron.

Dos creadores dos libros da Galicia pequeniña.

Aira é unha editorial fundada no 2017 en Allariz. Publica contidos de todo tipo: narrativa, poesía, ensaio, cómic, libro infantil, álbum ilustrado... Con 65 títulos publicados até a data, no seu haber, conta con varios libros premiados con galardóns tan prestixiosos como o Follas Novas, o Blanco-Amor de Novela ou o Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico. Entre os seus autores publicados conta con prestixiosos nomes como os de María Oruña, Francisco Narla, Xavier Queipo, Ramón Caride, Emma Pedreira, Bieito Iglesias, Elba Pedrosa ou Eva Moreda, entre outros. Para o público infantil publican os libros da Galicia pequeniña, que xa levan máis de 8.000 exemplares vendidos.

 

Ficha do libro:

Autores: César Cequeliños e Jorge Campos

ISBN: 978-84-126649-8-0

Ano 2023

56 páxinas

Tamaño: 17x24 cm

Tapa dura