Skip to content

Envíos Gratis en España Peninsular compras superiores a 50€

REF. 14109

Pack Letras Galegas - Infantil

59,95 €

Pack Letras Galegas - Infantil

59,95 €

Pack Letras Galegas

Celebra as Letras Galegas con este pack Unha proposta única que une a paixón polo deporte e o amor pola cultura galega nun mesmo agasallo.

O pack inclúe a Camiseta 2ª Equipación infantil, para que os máis novos luzcan os seus colores con orgullo dentro e fóra do campo, xunto ao libro "Circe ou o pracer do azul". Todo presentado nun packaging especial, deseñado para conmemorar esta data tan sinalada.

"Circe ou o pracer do azul" toma un dos mitos máis coñecidos da cultura europea para contarnos o que sempre quedou na sombra: a historia que nunca se narrou sobre Penélope e Circe.

Once anos de espera. Unha muller que aguarda e que, cando xa teme o peor, recibe unha carta que o cambia todo: o seu home non morreu, está vivo e vive un amor con outra. O que comeza como unha traizón convértese nun fío inesperado entre dúas mulleres que nunca deberon cruzarse. A través das cartas que se escriben, o home —causa de todo— vai quedando á marxe, e o que realmente importa é o vínculo que naceu entre elas.

Begoña Caamaño reescribe o mito desde onde nunca se mirara: desde as mulleres que o protagonizaron sen que ninguén lles dera a voz.

  • Camiseta 2ª Equipación
  • Libro "Circe ou o pracer do azul"
  • Packaging especial