Desde o RC Celta queremos agradecer o apoio de todos os abonados que escolleron a opción do moedeiro virtual. Neste comezo de tempada, pragado de incertezas e complicacións, o seu vínculo con nós é unha mostra máis de paixón polas nosas cores. 

Todo aquel que dispoña de moedeiro poderá utilizar o código que lle foi enviado por correo electrónico para canxear os diferentes artigos da tenda online. 

Deberá encherse o carriño cos produtos desexados e posteriormente escoller a opción “TEÑO MOEDEIRO”, onde se deben introducir os díxitos reflexados no código de barras. 

Se tes algunha dúbida, lembra que podes contactarnos a través de Escoitamos, en escoitamos.rccelta.es, onde garantimos resposta en 3 días laboráis. 

 

FAQS 

Qué pasa se quero consumir só unha parte do meu moedeiro? 

Non hai problema ningún, poderás volver usar o teu código na seguinte compra. 

Qué pasa se o meu moedeiro non cubre o custo completo da compra? 

Terás que pagar a diferenza entre o saldo do teu moedeiro e o importe total da compra. 

Segue a cobrarme os gastos de envío, por qué?  

O moedeiro virtual non pode asumir os gastos derivados do transporte, contraídos con empresas alleas ao RC Celta. 

Ao pulsar "Finalizar Pago", desaparece o consumo do meu moedeiro. Por qué? 

Posiblemente a túa sesión caducara, tes que volver inserir o código do moedeiro, e xa debería funcionar. 

O botón de "Aceptar" ao intentar introducir o meu código de moedeiro non está funcionando, qué fago? 

Podes volver pinchar na cesta, na parte superior da túa pantalla, para refrescar a páxina e volver pinchar en “TEÑO MOEDEIRO”. 

Non está funcionando o meu código, qué debo facer? 

Si non che está a funcionar o código introducido, contáctanos por Escoitamos e estudiaremos o teu caso.