Envíos

Prazo de saída de almacén:

Pedidos realizados antes das 11.30 h. dun día laborable: O pedido sairá do noso almacén na tarde dese mesmo día. 

Pedidos realizados despois das 11.30 h. dun día laborable: O pedido sairá do noso almacén ao longo do seguinte día laborable. 

Pedidos realizados en festivos, sábados ou domingos: O pedido sairá do noso almacén ao longo do seguinte día laborable. 

 

Prazo de transporte:

Realizamos todos os nosos envíos con Correos. No momento no que o envío sae do noso almacén recibirás un correo electrónico de Correos cun código de seguimento para o teu pedido. 

España e Portugal: Correos Paq 48 (paquetería urxente)

Os prazos de entrega son os seguintes: 

  • España (península), Mallorca e Andorra: 24-48 horas. 
  • Portugal e resto de Baleares: 48-72 horas
  • Canarias, Ceuta e Melilla: 3-4 días (non se inclúe tempo de tramitación aduaneira)

Opción envío a domicilio: consta de 2 intentos de entrega e 15 días de permanencia na Oficina de Referencia.

Opción recollida en oficina de Correos: O envío é dirixido á oficina elixida polo cliente, onde o destinatario disporá de 15 días para recoller o mesmo. Informarase o destinatario mediante SMS e/ou correo electrónico, que ten á súa disposición en envío na oficina, ademais enviaranse mensaxes de recordatorio de non producirse a recollida. Esta opción non está dispoñible en Portugal. 

Resto do mundo: 

  • Europack: (Austria, Francia, Bélxica, Italia, Holanda, Reino Unido, Irlanda, Alemaña e Suíza) Entrega en domicilio en 3-4 días desde a saída do noso almacén. 
  • Resto do mundo: Paqueta Postal Internacional Prioritario. Entrega en domicilio 7 días aprox. desde a saída do noso almacén.  O envío pode estar suxeito a trámites aduaneiros, que poderían supor un sobrecusto para o destinatario e un atraso na entrega. 

Devolucións

Pode devolver calquera artigo nun prazo de 15 días desde a data de recepción do produto nas mesmas condicións nas que foi enviado. Para iso debe encher a ficha de solicitude de devolución e enviar a mercadoría xunto coa ficha por mensaxería a:

Tenda Oficial  RC Celta - Estadio de Balaídos- 36210 Vigo

Todos os gastos de devolución e reenvío serán responsabilidade do cliente. Recomendámoslle que utilice correo certificado para asegurar a correcta recepción do envío. Unha vez recibida a mercadoría e comprobado o seu estado abonarémoslle na tarxeta coa que realizou a compra o importe correspondente ao produto devolto. 

Soamente aceptarase a devolución de produtos personalizados se a personalización é incorrecta desde o momento en que se recibe o pedido, ou se o produto presenta algún defecto.

Unha vez que se haxa impreso un nome ou un número nunha camiseta, non se poderá cambiar nin se poderá solicitar un reembolso, salvo que o produto presente un defecto. O mesmo aplícase se un xogador vaise do club ou cambia o seu número dentro do equipo mentres xoga para o club.